spacer
spacer search

A web da Asociación Cultural Fuco Buxán
Pola rexeneración da Esquerda

Search
spacer
A nosa revista
Ver o contido da revista...
header
Inicio
Organización
Actividades
Comunicación
Enlaces
Contacta con nos
Tradutor
Aviso Legal
Galeria de Fotos
Lectura Recomendada
Muros de Silencio. Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol. El Caso Reganosa
Acceso usuarios
Nome de usuario

Contrasinal

Lembrarme
Esquenceu seu contrasinal?
Novo usuario? Rexístrese aquí
Subscricións
 

Inicio

Presentacion de libro en cedeira
Escrito por Fuco Buxán   
26.06.2009
Organizado por "Fuco Buxán" A.C. e Concello de Cedeira
Presentación do libro
"Traballo e solidaridade en Peninsular Maderera e PYSBE"
30 de xuño de  2009, ÁS 19 HS.
Biblioteca Municipal de Cedeira
Intervirán:
Enrique Barrera
Autor do libro e Historiador
Rafael Pillado
Vicepresidente de "Fuco buxán"
Xermán Tobío
Concelleiro de Cultura e Deportes en Cedeira.
Ultima modificación ( 27.06.2009 )
COMUNICADO DOS TRABALLADORES DO METAL DE VIGO
Escrito por Fuco Buxán   
25.06.2009

OS TRABALLADORES DO METAL A TODA A CIDADANÍA

Queremos transmitirvos a nosa verdade por medio deste escrito xa que os acontecementos diarios son constantemente deformados.

Antes de nada pedir desculpas polos trastornos que causamos nas nosas manifestacións, e sobre todo cando son disoltas de xeito brutal pola policía recaendo tamén nos cidadáns os golpes e pelotazos. Incluso os danos materiais nos negocios que por darnos acollida aos manifestantes, as súas cristaleiras son abatidas a bocaxarro en diferentes lugares da cidade.

Os 23.000 traballadores do Sector do Metal na Provincia, soldadores, mecánicos, chapistas, caldereiros, electricistas, torneiros, fresadores, pintores, fontaneiros, etc, somos os Pais dos mozos e mozas que andan polas rúas da cidade, somos os irmáns, primos, fillos e fillas, os amigos e amigas que coñecedes, os amigos dos vosos fillos e das vosas fillas, somos como a inmensa maioría, traballadores que cobramos sobre Mil euros en oito horas e como non chega para pagar os gastos da casa e todo o demáis, moitos de nós traballan once horas ao día, e por esta razón, cando chegamos aos cincuenta anos temos diferentes lesións incurables.

Os 23.000 traballadores do Sector do Metal na Provincia, soldadores, mecánicos, chapistas, caldereiros, electricistas, torneiros, fresadores, pintores, fontaneiros, etc, somos os Pais dos mozos e mozas que andan polas rúas da cidade, somos os irmáns, primos, fillos e fillas, os amigos e amigas que coñecedes, os amigos dos vosos fillos e das vosas fillas, somos como a inmensa maioría, traballadores que cobramos sobre Mil euros en oito horas e como non chega para pagar os gastos da casa e todo o demáis, moitos de nós traballan once horas ao día, e por esta razón, cando chegamos aos cincuenta anos temos diferentes lesións incurables.Todos os anos vemos falecer algún compañeiro en accidente laboral, mentres os nosos Patróns non renuncian aos seus chaléts con piscinas nin aos seus barcos nin as grandes comidas nos mellores restaurantes. Eles nunca acaban probes. Moitos empresarios non cumplen a Lei que é o noso Convenio, e traen traballadores de fora pagándolles a metade do salario, porque nós debemos resultarlles caro. Esta é a verdade do Metal.

Pedimos 0,50 euros de incremento por hora traballada, pero eles xa subiron mais de 3 euros na mesma hora aos seus clientes. Falan de crise e aproveitan para despedir de maneira barata, mentres reciben millóns de axuda pública, do diñeiro que nós pagamos como impostos. Din que xa perderon máis de 200 millóns de euros con esta Folga, pois con este diñeiro pagarían 15 anos do incremento salarial que pedimos. Din que resultamos caros con esta crise, pero os nosos salarios son moito mais baixos e temos mais contratos precarios que en Cataluña, Madrid, Francia, Alemania, Bélxica etc., acaso nestes lugares non lles afecta a crise.

Pedimos 0,50 euros de incremento por hora traballada, pero eles xa subiron mais de 3 euros na mesma hora aos seus clientes. Falan de crise e aproveitan para despedir de maneira barata, mentres reciben millóns de axuda pública, do diñeiro que nós pagamos como impostos. Din que xa perderon máis de 200 millóns de euros con esta Folga, pois con este diñeiro pagarían 15 anos do incremento salarial que pedimos. Din que resultamos caros con esta crise, pero os nosos salarios son moito mais baixos e temos mais contratos precarios que en Cataluña, Madrid, Francia, Alemania, Bélxica etc., acaso nestes lugares non lles afecta a crise.Pensa quen son os Agresores e quen os Agredidos, o noso Convenio axuda a mellorar o resto dos Convenios, por esta razón toda a Patronal quere vencernos, someternos e voltar a ter ao 70 % de traballadores eventuais, despedir libremente, contratar ETTs, non pagar as horas extras obrigadas, non dar os días de descanso, e quedarse cunha parte maior dos nosos salarios. A nosa loita é por dignidade e ti sabes do que falamos.

GRACIAS

GRACIAS
Ultima modificación ( 25.06.2009 )
A DESAPARICIÓN DO BUSTO DE CAMILO DÍAZ BALIÑO
Escrito por Fuco Buxán   
22.06.2009

Artigo firmado pola A.C. Fuco Buxán e publicado en Diario de Ferrol, 22.06.09
En 1999, o escultor Ferreiro Badía realizou o busto de Camilo Díaz Baliño, coa fin de que fose colocado nun pedestal no Cantón de Molíns. Unha escultura que, á marxe do valor artístico, viña a rendir unha homenaxe ao que foi unha das víctimas daqueles tráxicos inicios da guerra civil de 1936. Por outra banda, Díaz Valiño é a día de hoxe un dos Fillos predilectos nomeados polo Concello de Ferrol; feito no que se tivo en conta a traxectoria artística e políticamente comprometida dun ferrolán que tivo relación, en moitos casos de amizade, cos principais defensores da democracia e o violentamente truncado primeiro Estatuto de Autonomía para Galicia.  
A todo isto hai que engadir tamén o feito de ser pai de Isaac Díaz Pardo, artista plástico de amplo recoñecemento nacional, defensor da cultura galega en todas as súas vertentes, modelo de industrial comprometido co desenvolvemento da súa empresa e os traballadores nesta, autor de importantes textos de referencia para a recente historia de Galicia, e un moi longo etcétera.
Mais, volvendo ao inicio, ¿que ocorriu co busco de Camilo Díaz Baliño? ¿Quen foi, ou foron, os culpables da súa desaparición?
Hai dous anos, o 25 de maio de 2007, o pedestal que sostiña a escultura amenceu baleiro. Dende entón, nada se soubo do ocorrido; ¿roubárona, simplemente, pola venda ao peso do seu material? ¿Hai que relacionar esta desaparición co roubo das campás dalgunhas igrexas da comarca? ¿Foi quizais alguén que pensou en vendela polo seu valor artístico? ¿Tivo algo que ver coa súa desaparición o feito de “ser quen era”; é dicir, estariamos ante unha especie de represalia sen sentido no século XXI?
Custa pensar que a estas alturas, tras dous anos, nada se teña dito sobre o tema, coma se fose algo “normal” que unha escultura do Cantón “voase”, dun día para outro.
En calquera caso, apareza ou non, algo haberá que facer con este tema, porque se conservar un pedestal baleiro é algo que roza o absurdo, retiralo e esquecer o tema, sería completamente inxusto, tendo en conta que Díaz Baliño é ben merecedor dese espazo que un día se lle adicou nun recuncho do Cantón.
Nós propoñemos que se estableza contacto co autor do busto, o escultor Ferreiro Badía, coa fin de que realice outro semellante (sabemos que conserva no seu obradoiro o modelo inicial, feito en barro), pero sen esquecer, de forma algunha, o feito do roubo, coa fin de que nalgún momento queden ao descuberto os culpables. De non ser así, é posible que volvan a repetirse roubos deste tipo (e hai xa varios exemplos), en detrimento dun patrimonio que a todos pertence e do que ninguén ten dereito a apropiarse dun xeito violento e indebido.
A Xunta Directiva da A.C.  Fuco Buxán

CAMILO DIAZ BALIÑO
Ferrol, 14.7.1889 – Coence, 14.8.1936
Pintor, ilustrador, cartelista, escenógrafo teatral e escritor.
(Padre de Isaac Díaz Pardo, e irmán de Indalecio (escultor) Mª Dolores (pintora) e Ramiro (tallista).)
A súa obra gráfica encadrase dentro da estética de finais do XIX, ligada ó Modernismo, l’Art nouveau e ás Escolas de Artes e Oficios (compartindo estilo con Castelao, Máximo Ramos…).

Ultima modificación ( 22.06.2009 )
Ler máis...
junho, 23: Lumeirada d'A Revolta na ribeira de Caranza
Escrito por Fuco Buxán   
22.06.2009

O Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, organizamos, como é habitual desde há já 11 anos umha lumeirada para celebrar o solstício de verám. O lume vai ser o grande protagonista nesta noite meiga e de divertimento, onde celebraremos a chegada do verám, na noite mais curta do ano.

O Solstício de Verám 2009 celebraremo-lo prendendo lume a umha grande fogueira, mas nom faltará a festa com sardinhas, chouriços, pam, vinho, cerveja, danças, música, ...

Como nom podia ser doutro jeito, a Lumeirada d'A Revolta 2009, vai ter lugar a Terça-Feira [Martes], 23 de Junho, na ribeira de Caranza, nas imediaçons da Rua Cartagena, no antigo campo de terra batida, desde as 6 da Tarde até a madrugada do dia seguinte.

Nove veces há que saltar a fogueira recitando os benefícios que queres ou os males que queres espantar, para que cumpra o lume os seus poderes na noite meiga.

Mas também há quem pom o cacho da noite das lumeiradas, ervas medicinais e aromáticas com água, deixadas numha tina ao rocio da noite, para o asseio purificador da manhá.

Nom faltes!

Ultima modificación ( 22.06.2009 )
xoves 25: Conferencia sobre Darwin
Escrito por Fuco Buxán   
22.06.2009
A Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga”, como acto académico institucional do ano Darwin, organiza unha Conferencia

que, impartirá Don Antoni Domenech

catedrático de Filosofía e Ciencias Sociais e Morais na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Barcelona,

co título de :

Darwin e as ciencias sociais,

xoves día 25 de xuño ás 20 horas

Salón de Actos do Vicerrectorado da Universidade en Esteiro - Ferrol.
Ultima modificación ( 22.06.2009 )
Fin do peche dos traballadores no Concello de Fene
Escrito por Fuco Buxán   
18.06.2009

Abandonaron onte  o encerro, os dous compañeiros, traballadores de Montaxes Cabral, que levaban nove dias pechados no Concello de Fene, en demanda de solución a súa situación laboral.
As medidas de solidaridade e apoio levadas a cabo por moitas persoas e Entidades fixeron posible un acordo entre a Federación de Industria de CCOO coa SEPI e Navantia, logrando un compromiso de recolocación na empresa INDASA, respectando os seus dereitos laborais, antigüedade e condicións económicas e sociais.

Felicitacións aos compañeiros Juan e José Antonio, e a todas e todos os que coa súa participación acadaron esta victoria da solidaridade.

Venres 19: Memoria Histórica Democrática, presenta: Retallos da Memoria,II
Escrito por Fuco Buxán   
17.06.2009

 

A Asociación Memoria Histórica Democrática
Presenta o libro
RETALLOS DA MEMORIA, II

Venres, 19 de xuño ás 20.00 hs.
Galería Sargadelos - Ferrol

segundo volume da serie que edita a esta Asociación, e desta volta son oito as historias de homes e mulleres de Ferrolterra, xentes do común que sofriron a represión franquista, as que expoñen en primeira persoa as súas vivencias persoais e as dos seus familiares. Continúa deste xeito o proxecto de recuperación da Memoria Histórica Democrática, hoxe máis necesaria ca nunca.

O acto estará presidido pola concelleira de Cultura de Ferrol, Mercedes Carvajales, acompañada polo presidente da Asociación, Manuel A. Fernández Pita, e por Enrique Barrera Beitia, historiador e tamén membro da Asociación.

ver cartaz

Solidaridade cos compañeiros de Montaxes Cabral
Escrito por Fuco Buxán   
17.06.2009

A situación dos compañeiros, traballadores de Montaxes Cabral, Juan e José Antonio, pechados no Concello de Fene,  segue sen resolverse, polo que é previsible outra nova movilización de apoio, posiblemente o próximo sábado, do que se avisará oportunamente.

Está aberta unha conta solidaria para que os dous compañeiros, que levan tres meses e medio sen percibir ningún ingreso, poidan ter unha axuda económica para as súas familias.
Quen poida colaborar con algunha cantidade, a que sexa, poderá ingresar na conta aberta na Caixa Galicia – Mugardos, a nome:

“Cuenta solidaria trabajadores Montajes Cabral”
CCC: 2091 0205 32 3040015002
 Prégase difusión.

Xoves 18: Libro de Poemas de Karlotti
Escrito por Fuco Buxán   
16.06.2009

Presentación do libro de poemas

POSTALES DE  HUMO
de Juan Carlos Valle “Karlotti”

editado por “Fuco Buxán”, A.C.


 

xoves, 18 de xuño, ás 20:00 hs.

Centro Cívico “Ricardo Carvalho Calero”
(Praza do Inferniño – Ferrol)

 

 

 

 

Intervirán:
Juan Carlos Valle “Karlotti”
Autor do libro
Víctor M. Diez
Poeta
Guillermo Ferrández
Profesor

Entrada libre.

Ultima modificación ( 16.06.2009 )
En apoio dos traballadores pechados no Concello de Fene
Escrito por Fuco Buxán   
12.06.2009

En apoio a José Becerra e Juan Fernández, traballadores de Montaxes Cabral, pechados desde hai varios días no Concello de Fene demandando solución a sua grave situación laboral

CONCENTRACIÓN

Sábado 13, ás 12.00 hs.
na Plaza do Concello de Fene

A A.C. “Fuco Buxán”, solidarízase con estes traballadores, facendo un chamamento a asistir a concentración, buscar saida a súa situación laboral,  e a difundir a inxustiza de que son vitimas.

A noticia en diversos medios de comunicación:  Enlace 1   Enlace 2   Enlace 3

Ultima modificación ( 12.06.2009 )
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Fin >>

Resultados 1 - 15 de 239

 

spacer
Quen nos visita
Temos 7 visitantes en líña
Manifestación, Santiago 17 de Febreiro de 2008
Planta de Gas fora da ría

Ferrol, polo mar e a vida
Pulsa para ver...

Video realizado polos alumnos asistentes ao curso de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción.

Enquisas
Cree vostede necesaria a presenza de Reganosa en Caneliñas
  

2007 Asociación Cultural Fuco Buxán

Copyright 2000 - 2005 Miro International Pty Ltd. All rights reserved.
Mambo is Free Software released under the GNU/GPL License.
spacer