spacer
spacer search

A web da Asociación Cultural Fuco Buxán
Pola rexeneración da Esquerda

Search
spacer
A nosa revista

header
Inicio
Organización
Actividades
Comunicación
Enlaces
Contacta con nos
Tradutor
Aviso Legal
Galeria de Fotos
Lectura Recomendada
Muros de Silencio. Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol. El Caso Reganosa
 

Inicio arrow Actividades arrow Varios arrow Video "Ferrol, polo mar e a vida"

Video "Ferrol, polo mar e a vida" PDF Imprimir E-mail
Escrito por Fuco Buxán   
19.12.2007
Fotograma recollido do video.

Este documental, centrado na denuncia da planta de gas de Reganosa, foi realizado polos alumnos asistentes a un cursillo de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción, estando prevista a súa difusión en Latinoamérica dentro das iniciativas de accións comunitarias que leva a cabo por Acsur, a través do Noticiario InterCultural.

Este video pretende sensibilizar a opinión pública en torno a ría de Ferrol e á maior agresión mediaoambiental que se da no noso país, está narrado en primeira persoa por Carmelo Teixeiro Menéndez, membro de Fuco Buxán e Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

O vídeo ten unha duración de algo máis de 10 minutos e foi estreado o pasado 18 de decembro no Centro Cultural Ricardo Carballo Calero do Inferniño de Ferrol, durante un acto de recoñecemento a Carmelo Teixeiro pola súa laboura en prol da defensa da vida e da legalidade. Participando por parte de ACSUR, a súa responsable de Comunicación Silvia Chocarro; e tamén Camilo Nogueira (membro do Consello Nacional do BNG).

O accésit outorgado por Ecoloxistas en Acción foi recollido o pasado 9 de novembro a Ian Ingelmo Ros, monitor de ACSUR que impartiu en Ferrol o curso de vídeo o pasado mes de xullo xunto con Silvia Chocarro, no que os alumnos elixiron como tema o despropósito da localización da perigosa Planta de Gas de Reganosa dentro da angosta Ría de Ferrol, realizando todos os traballos de elaboración do vídeo: o guión, selección de "actores", filmación e composición. Ao mesmo tempo que se realizaba este curso en Ferrol, ACSUR impartiu tamén outros dous cursos en Bolivia. Todos baixo a categoría de sostibilidade medioambiental. 

Despois de que o pasado día 18 de decembro fose estreado o vídeo "Ferrol, polo mar e a vida", éste será distribuído en formato de DVD en países de Europa e Hispanoamérica, xunto cos elaborados por Wayna Tambo e o Centro de Información de Bolivia, así como un extra de material fotográfico, saído dos propios cursos.

Aquí poñemos dous enlaces para poder realizar a descarga do video e poidades velo no voso ordenador.

 Video en Youtube

Ultima modificación ( 03.11.2009 )
< Anterior   Seguinte >

 

spacer
Quen nos visita
Temos 19 visitantes en líña
O Recuncho de Fuco
Radio Filispin
Planta de Gas fora da ría

¡ Galiza non se vende !
Ferrol, polo mar e a vida
Pulsa para ver...

Video realizado polos alumnos asistentes ao curso de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción.

Foro Social Galego
Enquisas
Cree vostede necesaria a presenza de Reganosa en Caneliñas
  

2007 Asociación Cultural Fuco Buxán

Copyright 2000 - 2005 Miro International Pty Ltd. All rights reserved.
Mambo is Free Software released under the GNU/GPL License.
spacer