spacer
spacer search

A web da Asociación Cultural Fuco Buxán
Pola rexeneración da Esquerda

Search
spacer
A nosa revista

header
Inicio
Organización
Actividades
Comunicación
Enlaces
Contacta con nos
Tradutor
Aviso Legal
Galeria de Fotos
Lectura Recomendada
Muros de Silencio. Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol. El Caso Reganosa
 

Inicio arrow Comunicación arrow Comunicacións Públicas arrow Presentación en Valdoviño do documental "O Segredo da Frouxeira"

Presentación en Valdoviño do documental "O Segredo da Frouxeira" PDF Imprimir E-mail
Escrito por Fuco Buxán   
26.01.2010

Organizado pola A.C. Fuco Buxán
Venres 29 de xaneiro, ás 20,15 h.
 na Casa da Cultura de Valdoviño
Presentación da documental
“O Segredo da Frouxeira”
Dirección: Xosé Abad.



A documental “O Segredo dá Frouxeira” centrado no asasinato, en 1938, do Alcalde republicano de Serantes, Alejandro Porto Leis e de Modesto del Río, Jesús Miño e Avelino Landeira, “paseados” con él, na Praia da Frouxeira de Valdoviño, por habelo protexido.

Participan nel, en aspectos de investigación, asesoramento ou figuración, numerosas persoas relacionadas coa A.C. “fuco buxán” e cos grupos de teatro afeccionado de Ferrol.

“O Segredo da Frouxeira – dí o seu director Xosé Abad - aborda un tema nunca suficientemente contado, pero desde unha perspectiva diferente, a dos conflitos e equívocos vividos polos familiares das vítimas. A perda, o saqueo, o silencio, a ameaza, a difamación, todo o que vai sucedendo despois de que os seus familiares fosen fusilados.

A carga emocional non impide ás familias, tamén vítimas da represión, reencontrarse e reclamar o recoñecemento da verdade, sen ningún ánimo de vinganza e construíndo unha historia de enorme dignidade”.
 
É unha produción de EAF Producións en coprodución coa TVG, coa subvención da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia,  o apoio da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, da Concellería de Cultura do Concello da Coruña, da Deputación da Coruña (Cultura), da Fundación 10 de Marzo (CC.OO.), da Asociación Cultural “FucoBuxán”, Asoc. Memoria Historica Democrática, Formateo e CG producións.
 
Máis información: http://www.osegredodafrouxeira.com/
No mesmo Acto
Presentación do nº 27 de “Razón Socialista”
 
A Revista “Razón Socialista”, publicación semestral da A.C. Fuco Buxán, leva por lema: “pola rexeneración da esquerda”, e neste número 27, titulado: “Recuperar a Memoria, gañar o futuro” inclue artigos de temática variada, coa firma, entre outros, de Santiago Carrillo, Jordi Pedret, Mohamed Safa, Erasto Reyes, Roberto Casteleiro, Xosé Abad, etc.

A Asociación Cultural Fuco Buxán é unha entidade sen ánimo de lucro, apartidaria, democrática, aberta e participativa, que pretende converterse en foro de permanente debate de ideas, propostas e estudos socioculturais e económicos que axuden a vertebrar, desde unha perspectiva progresista, os novos retos colectivos, participando na construción dun futuro en paz e liberdade para todos, e dunha sociedade mais xusta, democrática, plural, igualitaria, solidaria e pacífica.
Ultima modificación ( 26.01.2010 )
< Anterior   Seguinte >

 

spacer
Quen nos visita
Temos 32 visitantes en líña
O Recuncho de Fuco
Radio Filispin
Planta de Gas fora da ría

¡ Galiza non se vende !
Ferrol, polo mar e a vida
Pulsa para ver...

Video realizado polos alumnos asistentes ao curso de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción.

Foro Social Galego
Enquisas
Cree vostede necesaria a presenza de Reganosa en Caneliñas
  

2007 Asociación Cultural Fuco Buxán

Copyright 2000 - 2005 Miro International Pty Ltd. All rights reserved.
Mambo is Free Software released under the GNU/GPL License.
spacer