|
sábado 30: O Recuncho nº 24 |
|
|
|
|
Escrito por Fuco Buxán
|
|
29.01.2010 |
|

sábado 30 de xaneiro de 11 a 13 horas "O Recuncho", o programa radiofónico nº 24 da Asociación Cultural Fuco Buxán en Radio FilispiM, 93.9 FM
cos seguintes contidos: - En directo con Delfina Bañobre, directora do CPI Atios e portavoz comarcal da plataforma " Queremos Galego". - Ante a proposta de regulación de emprego na empresa Megasa, falaremos cun portavoz dos traballadores o cal nos expresará a nova situación na que se atopan. -Desde o estudo de Radio Filspim, Antonio García Jiménez, médico da UCI do hospital Arquitecto Marcide que falará da súa profesión e das diferentes visións desde onde abordala. - O historiador Enrique Barrera contaranos a historia de Amada García, mugardesa fusilada no castelo de San Felipe en 1938 xunto con outras sete persoas. - José Torregrosa, coa súa sección " O despertar da razón", fará referencia a Homenaxe a Cuco Ruíz de Cortázar. - Sección poética : Rosalía de Castro.
Podes escoitar tódolos programas emitidos en: www.recunchofuco.blogspot.com
|
|
Ultima modificación ( 29.01.2010 )
|