spacer
spacer search

A web da Asociación Cultural Fuco Buxán
Pola rexeneración da Esquerda

Search
spacer
A nosa revista

header
Inicio
Organización
Actividades
Comunicación
Enlaces
Contacta con nos
Tradutor
Aviso Legal
Galeria de Fotos
Lectura Recomendada
Muros de Silencio. Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol. El Caso Reganosa
Acceso usuarios
Nome de usuario

Contrasinal

Lembrarme
Esquenceu seu contrasinal?
Novo usuario? Rexístrese aquí
Subscricións
 

Inicio

Solidaridade co Foro Galego da Inmigración
Escrito por Fuco Buxán   
11.06.2010

A Asociación Cultural Fuco Buxan, quere facer chegar ao Foro Galego de Inmigración, aos colectivos sociais e inmigrantes,  unha mensaxe de solidariedade e apoio ,ante a nova Lei de Estranxeiría e as situacións ás que ela leva.
Esta nova lei, que trae aparellada a perda de dereitos como : o aumento do tempo de estancia nos lugares de internamento, a posibilidade de abrir expedientes de expulsión a mulleres vítimas da violencia de xénero, a criminalización do colectivo migrante e das persoas que lles apoian, como é o caso da persecución a Laura Bugallo, da oficina de Inmigración da CIG en Santiago de Compostela .
Repudiamos a Circular enviada pola Dirección Xeral de Policía, a que insta a perseguir e deter a persoas en situación irregular,e stablecendo cotas por países, casos que agora se detectaron en Galicia..
Non podemos permitir nin xustificar o aumento de actitudes racistas, nin as limitacións para empadroar en situación irregular.
Tambien adherir ás demandas desde a Emigración galega de Retorno,e as dificultades para cobrar pensións, ou a obrigación de pagar a sanidade a quen emigraron a Suíza.
Moitas son as razóns que nos moven a facer este comunicado, sobre todo que sempre nos moveu a solidariedade e a loita por unha vida xusta e digna, e onde primen por sobre todo os dereitos que todos os seres humanos temos en calquera territorio, sexa cal for a súa procedencia ,raza ou cor.

Rosa Méndez:"Ou loitamos polo noso idioma ou quedaremos exentos de significado"
Escrito por Fuco Buxán   
10.06.2010

Entrevista de Galicia Hoxe a nosa compañeira Rosa Méndez

Rosa Méndez Fonte (Ferrol, 1957), é especialista en Patrimonio e Sociedade, e doutora pola Universidade da Coruña. Tras anos dedicada exclusivamente á investigación, os dous
últimos na Universidade Fernando Pessoa (Porto), no momento actual compaxina esta coa docencia en Educación Secundaria (IES Ollos Grandes-Lugo). Os seus traballos profundan no patrimonio (histórico, artístico, etnolóxico e da memoria) e a súa relación coa sociedade, do mesmo modo que presta tamén especial atención ao desenvolvemento da historia do patrimonio arquitectónico de Galicia. É autora de varios libros, coordinadora doutros e posúe tamén numerosos artigos en revistas especializadas e publicacións colectivas. Proximamente, presentará a obra A conservación dos monumentos arquitectónicos en Galicia (1840-1940), que obtivo o "Premio Humanidades da Real Academia de Doutores e o Concepción Arenal" de Humanidades-2009, convocado pola Universidade da Coruña e o Concello de Ferrol.No eido literario, publicou os libros Poemas anobelados no tempo (Espiral Maior, 2000) e O Raio Verde (Espiral Maior, 2005), do mismo modo que foi compiladora de Poemas e Mar de Fondo (Universidade da Coruña, 2004). Habitualmente, colabora en revistas e publicacións colectivas como: A Coruña á luz das letras. Trifolium-AELG, 2008; Uxío Novoneyra. Amastra-n Gallar, n. 7, 2004; Negra Sombra. Intervención poética contra a marea negra. Espiral Maior–Federación de Libreiros–Xerais, 2003 e Botella ao mar. Asociación Galega de Artistas Visuais, 2003. En narrativa, publicou a novela Las horas guardan sombras (1993), que recibiu o Premio Galiana, convocado polo Concello de Toledo. Do mesmo modo que no ano 1994 quedou entre as finalistas ao Premio Asturias de Novela con De un tiempo atrás.

Ler máis...
CON TODOS OS TRABALLADORES
Escrito por Fuco Buxán   
09.06.2010

CON TODOS OS TRABALLADORES
 Rafael Pillado
    O día 8 está convocada en toda España unha folga que afectará a todo o sector público. Unha mobilización para rexeitar as medidas de axuste aplicadas polo Goberno de Rodríguez Zapatero e que, no seu caso, representa un recorte salarial do 5%.
    Unha vez máis, preténdense reducir as debedas do Estado, cargándoas sobre das costas dos traballadores. Repítese a experiencia vivida durante os gobernos de Felipe González e José Mª Aznar. E pese a repetirse, volvemos a caer de novo na crise, agora aínda máis fonda. Pero non sóo eles son sacrificados, tamén se recorta os pensionistas, conxelando as súas pensións. As medidas de axuste dirixen o ataque os sectores mais débiles.
    Como si a responsabilidade da situación económica actual procedera do mundo do traballo.  ¡Pola vosa irresponsabilidade, pagaredes os pratos rotos¡, parecen querer dicir. E non falta quen afirma que producimos pouco; ou bota a culpa os sindicatos, porque non presionaron o Goberno. ¡Vaya caraduras¡
    E aínda máis, están empeñados en que se faga unha reforma laboral, que a patronal simboliza no recorte de indemnización por despido. Reforma, non para asegurar emprego fixo, para que se garantice un salario digno e se supere a situación dos mileuristas, para equiparar salarialmente a mulleres e homes, para que se garanten xornadas razoables, ou se ataque esa lacra dos accidentes laborais, etc. ¡Iso non!
    Debe estar claro que os responsables da crise son os grandes bancos, do noso país e do mundo, as grandes empresas, que provocaron unha crise de dimensións planetarias.
    En troques, os gobernos, tamén o noso, dedicaron inxentes recursos para salvar a banca. Se dicía que para asegurar a continuidade do sistema financeiro  e para que facilitaran créditos a empresas e familias. Pero non o fixeron, e contribuíron grandemente a paralizar a economía e a incrementar o paro.
    E máis, os voceiros da dereita, como o Sr. Rajoy, pretenden que a crise se resolva reducindo subvencións os sindicatos, recortando gastos ministeriais, gastos electorais, etc. Todo menos que afecten os responsables da crise, as grandes fortunas, a economía somerxida, o fraude fiscal, etc.
    O obxectivo parece claro, por unha banda, garantir os intereses de esa minoría, como a que se reuniu secretamente en Sitches estes días, Bilderberg; pero por outra, como estratexia para reducir a acción política  e social, públicas. Para impedir a resposta social fronte as barbaridades que fan y que poden ser aínda moito maiores no terreo económico, ecolóxico, etc. Por iso sitúan tamén como un obxectivo da reforma laboral, debilitar a negociación colectiva. Pretenden máis poder  e para iso necesitan debilitar a Democracia.
    Buscan máis poder político, sen renunciar a beneficios escandalosos. Despois de que os grandes financeiros asegurasen que os bancos centrais non financiasen ós gobernos, pasaron á acción. As axudas estatais a banca, se pagan ó 1%, e cando como consecuencia da crise os Estados precisan financiamento, aqueles préstano o 4 ou 5%. Un negocio redondo. 
    Non sóo non renuncian os grandes beneficios, senón que aínda queren máis asegurándose a incapacidade dos traballadores e dos cidadáns para responder na defensa dos seus intereses. Agora, queren deslexitimizar a idea de folga xeral
    O que está en xogo e a Democracia mesma. Por iso, que os funcionarios defendan o seu, e unha contribución á defensa de todos, de todos os traballadores e cidadáns. E temos que rachar con esa crítica fácil feita por quenes queren dividirnos.
     Se a unidade foi sempre importante, agora o é aínda máis. Non se trata só de simples recortes, buscan unha derrota histórica dos traballadores.
    Hoxe cos funcionarios, sempre con todos os traballadores.

Rafael Pillado Lista, e Vicepresidente da A.C. Fuco Buxán
       

Ante a folga do Sector Público
Escrito por Fuco Buxán   
08.06.2010

Fuco Buxán ante a Folga do Sector Público

A Asociación Cultural Fuco Buxán solidarízase e mostra o seu apoio aos máis de 2,5 millóns de empregados públicos da administración central, autonómica e local que son convocados polos sindicatos maioritarios da Función Pública -UGT, CCOO e CSIF- á folga xeral do sector público que terá lugar mañá, 8 de xuño, en todo o país, baixo o lema: "8-J. Folga servizos públicos. Mobilízache. Non aos recortes salariais e sociais".

No entendemento de que esta mobilización defende a dignidade do emprego público e é un paro solidario cos traballadores, os pensionistas e as clases máis desfavorecidas que se verán directamente afectadas polo recorte das prestacións sociais.

Unha movilización contra un Plan de Axuste - inxusto, desequilibrado e antieconómico - que pretende facer recaer os esforzos da crise nos traballadores e traballadoras e non en os que a orixinaron. Medidas inxustas que atacan aos sectores máis prexudicados e que non axudarán á recuperación económica.
 Desde o convencemento de que os gobernos vense presionados polos grandes grupos financeiros internacionais que centran a súa estratexia non na redución do déficit nin na superación da crise, senón nunha política calculada de debilitar a acción pública e todo aquilo que reforza a capacidade de resposta e defensa dos traballadores e da cidadanía en xeral.

As crises vanse a facer cada vez máis reiteradas e fortes e por iso tratan de evitar que haxa vías de resposta social. Por iso centran tamén a reforma laboral no debilitamiento da negociación colectiva.

O Goberno ten que asumir que a crise non pode ser unha escusa para que incumpra o seu deber cos máis empobrecidos, que non foron quen a xeraron e que a redución do déficit débese facer dún xeito máis xusto, cun reparto equilibrado dos sacrificios a través da política fiscal ou loitando contra a economía submerxida.

Nestes momentos, o freo a unha reforma laboral desfavorable, a solidariedade entre os traballadores, a unidade de acción entre as forzas sindicais, as campañas de información e explicación das razóns de mobilización nos centros de traballo e na sociedade, son mais necesarias que nunca. O contrario suporía unha derrota histórica das clases traballadoras .

A A.C. Fuco Buxán, fai un chamamento á cidadanía para que participe nas diferentes mobilizacións que se convoquen en defensa do público e das conquistas sociais á conta de tantos sacrificios logradas.

Ultima modificación ( 08.06.2010 )
"UN EVENTO EXCEPCIONAL"
Escrito por Fuco Buxán   
07.06.2010

Un evento excepcional, así o cualificaron moitas das persoas que se achegaron ao festival en solidariedade cos mariscadores da Ría de Ferrol, procesados por paralizar  a entrada do gaseiro “Galicia Spirit”. Grazas por deixar-nos participar co noso grao de area, comentaban os grupos de artistas que ao longo de toda a tarde e noite do venres, encheron de arte e solidariedade a Praza Vella do porto de Ferrol.

As palabras do Patrón Maior da Confraría, Xosé Estevez, foron de agradecemento e lembranza dos sucesos do mes de maio de 2007. Unhas imaxes do documental “ O salario do silencio”, proxectadas contra a carpa que cubría unha parte da praza, trouxeron á memoria de moitas das persoas alí reunidas, o sucedido naqueles primeiros días de maio.

A música e o baile recibiron a madrugada do “Dia Mundial do Medio Ambiente”,  que ficará na memoria de quen por alí pasou ou participou, como unha xornada de reivindicación e confraternización, no sentimento de que unha ameaza, e unha inxustiza como a que representa Reganosa na vida de miles de persoas desta comarca, non pode quedar sen resolver, non pode quedar impune.

Comité  Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Información sobre os Grupos actuantes.

Álbum fotográfico

Ultima modificación ( 07.06.2010 )
Proxección documental "Mashi:Trasi que Trasi!"
Escrito por Fuco Buxán   
06.06.2010

"No es solo la economía, es la democracia"
Escrito por Fuco Buxán   
06.06.2010

Artigo de Juan Torres López en Tribuna digital

Muchos critican algunas medidas que reclama Mariano Rajoy para reducir el gasto público, como reducir la subvención a los sindicatos, los gastos electorales o ministerios, porque son "el chocolate del loro".

Pero son mucho más que eso. No las propone porque crea que de esa manera se va a reducir sustancialmente el déficit. Lo hace como parte de una estrategia bien calculada de debilitar la acción pública y todo aquello que refuerza la capacidad de respuesta y defensa de los trabajadores y de la ciudadanía en general.

Por eso centran también la reforma laboral en el debilitamiento de la negociación colectiva.
Ni siquiera buscan más beneficios, que podrían obtenerlos con más actividad y con mayor empleo, sino más poder.

Por eso lo que verdaderamente está en juego con la respuesta que los especuladores están logrando imponer a la crisis que ellos mismos han provocado es la democracia y la posibilidad de que los poderes representativos se enfrenten con garantías a los del mercado.
Los grandes financieros y los poderes económicos han conseguido vencer a los gobiernos y están logrando que éstos no solo no adopten ni una sola de las medidas reformadoras que habían previsto sino que, además, lleven a cabo programas de ajuste que, si no se frenan, van a suponer una nueva derrota histórica de las clases trabajadoras.

Ler máis...
Festival solidario,"TOD@S PARAMOS O GALICIA SPIRIT"
Escrito por Fuco Buxán   
02.06.2010

Co motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o Comité Cidadán organiza un festival solidario co lema “TOD@S PARAMOS O GALICIA SPIRIT”

O festival terá lugar o Día 4 de Xuño,Venres,na Praza Vella  Do Porto de Ferrol,a hora de comenzo será ás 18:00,e rematará ben entrada a madrugada

En solidaridade cos 60 mariscadores procesados por ter retido na entrada da Ría de Ferrol o gaseiro Galicia Spirit, cargado con GNL, con destino a Reganosa. No día de onte, varios membros do Comité compareceron nos xuzgados de Ferrol,para inculparse nesta causa aberta.
O Comité xunto cos mariscadores e a cidananía botáronse aquel día o mar para parar a entrada ilegal do gaseiro na nosa Ría. Por este motivo non entendemos que as institucións xudiciáis intenten buscar culpábeis nos mariscadores. Parece un mundo o revés, entre tanto, os responsabeis de Reganosa son protexidos.
O Comité asume que foi quen convocou aquela acción na defensa da Ría, da vida e da legalidade.

Noso agradecimento especial a tod@s os que de forma altruista colaboran na realización do festival

ZËNZAR (Rock Cerceda), A CUADRILHA DO CAMPO DE CHAO (Folc Ferrol), CANTAREIRAS DE TRASANCOS (Folc Ferrol), PULPIÑO VIASCÓN + TURU (Fusión), OS TRES TREBÓNS (Fusión Coruña), O SONORO MAXÍN (Fusión Ourense), LA SENTINA (Rock Ferrol), KASTOMÄ (Rock Ordes).

Colaboran dun xeito especial: “QUANT”, “A REVOLTA DE TRASANCOS” e o Mesón “O Cabazo”.

 ¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡

Ultima modificación ( 02.06.2010 )
"Ferrol con Palestina"
Escrito por Fuco Buxán   
02.06.2010

Fuco Buxán estivo presente na concentración celebrada onte en Ferrol,en solidaridade co pobo palestino e coas victimas da última matanza do goberno israelí.

En diversas cidades de todo o mundo se realizaron manifestacións rexeitando os cobardes asasinatos perpetrados en augas internacionales por parte do exército de Israel

Esiximos o cesamento da ocupación sionista en Palestina e emprazamos aos organismos internacionais a que os responsables destes delitos contra a Humanidade sexan levados aos tribunais e xulgados segundo as leis que rexen o mundo civilizado.

Para ollar a galeria de imaxes premer aquí

Ultima modificación ( 02.06.2010 )
ACTO DE INCULPACION DOS MEMBROS DO CCE
Escrito por Fuco Buxán   
01.06.2010

Hoxe foron entregadas no rexistro do Pazo de Xusticia de Ferrol as 31 inculpacións dos membros do CCE, cun escrito dirixido á Fiscalia, que recolle a iniciativa que en maio de 2007 impideu a entrada do primeiro gaseiro –Galicia Spirit-cargado con GNL na Ría de Ferrol.

 

Os asinantes do documento estiveron acompañados por unha representación dos mariscadores da Confraría de Ferrol imputados polos feitos.

Lembróuse que a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría a pesares das sentencias de ilegalidade dictaminadas polo TSXG, constituen a raíz do problema. De ahí o compromiso do CCE durante 10 anos de loita contra a sua ubicación na defensa da legalidade, da vida, da Ría e do Patrimonio.

"O mundo ao revés". Son levados ante a xusticia aqueles que precisamente defenden a legalidade, namentras os que a vulneran conscientemente, poñen e perigo a vida das persoas e destruen a Ria, son protexidos.

Por eso o CCE, promove a solidaridade e a defensa dos mariscadores e de cantos sufran este atropelo.

O próximo venres dia 4 na Praza Vella de Ferrol no Festival Musical, "Tod@s paramos o Galicia Spirit" e "Planta de Gas fora da Rïa" teremos ocasión de amosar esa solidaridade.

Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol

Para ollar a galería de fotos premer aquí

RELACION DE INCULPADOS

Ultima modificación ( 01.06.2010 )
Ler máis...
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Fin >>

Resultados 31 - 45 de 571

 

spacer
Quen nos visita
Temos 14 visitantes en líña
O Recuncho de Fuco
Radio Filispin
Planta de Gas fora da ría

¡ Galiza non se vende !
Ferrol, polo mar e a vida
Pulsa para ver...

Video realizado polos alumnos asistentes ao curso de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción.

Foro Social Galego
Enquisas
Cree vostede necesaria a presenza de Reganosa en Caneliñas
  

2007 Asociación Cultural Fuco Buxán

Copyright 2000 - 2005 Miro International Pty Ltd. All rights reserved.
Mambo is Free Software released under the GNU/GPL License.
spacer