spacer
spacer search

A web da Asociación Cultural Fuco Buxán
Pola rexeneración da Esquerda

Search
spacer
A nosa revista

header
Inicio
Organización
Actividades
Comunicación
Enlaces
Contacta con nos
Tradutor
Aviso Legal
Galeria de Fotos
Lectura Recomendada
Muros de Silencio. Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol. El Caso Reganosa
Acceso usuarios
Nome de usuario

Contrasinal

Lembrarme
Esquenceu seu contrasinal?
Novo usuario? Rexístrese aquí
Subscricións
 

Inicio

"XANELA ABERTA" de Adela Figueroa
Escrito por Fuco Buxán   
13.10.2008

Presentación do libro de Poesía
XANELA ABERTA
de Adela Figueroa Panisse

Xoves, 16 de outubro, ás 8 da tarde.
Galería Sargadelos - Ferrol

Desenhos: Celsa Sánchez Vázquez
Limiar: Marica Campo
Editorial : O Castro
Presentaciön: Francisco Rodríguez

Organiza: Suso Piñeiro,
Presidente de ADEGA – Trasancos.

Ultima modificación ( 15.10.2008 )
“DA CRISE Á SOBERANÍA ALIMENTARIA”
Escrito por Fuco Buxán   
12.10.2008

Conferencia – Debate

“Da crise á soberanía alimentaria”
Martes, 14 de outubro, ás 20 h.

Galería Sargadelos – Ferrol

Intervirán:

Isabel Vilalba Dirixente do Sindicato Labrego Galego e da Rede Internacional “Vía Campesina”

Lupe Ces da comisión organizadora do VII Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres

Presenta:

Manuel Cendán  Directivo de “Fuco Buxán”

Organiza : Asociación cultural “Fuco Buxán”

Ultima modificación ( 12.10.2008 )
Falecemento do poeta Ramiro Fonte
Escrito por Fuco Buxán   
12.10.2008

Ante o falecemento de Ramiro Fonte, amigo e colaborador desta Asociación, “Fuco Buxán” quere deixar testemuña de aprecio e recordo, da persoa entrañable, do poeta esgrevio e comprometido sempre coa problemática social e coa realidade galega.
A nosa sentida condolencia á súa familia e amigos, e como sinxela homenaxe reproducimos a composición “Días negros”, do seu poemario “Luz do mediodía”, leida por él mesmo, na Homenaxe dedicada por esta Asociación a Celso Emilio Ferreiro.

Máis detalle

Charla do Consul de Cuba
Escrito por Fuco Buxán   
12.10.2008

Ultima modificación ( 12.10.2008 )
Manifestación en apoio do Cabo Gago
Escrito por Fuco Buxán   
11.10.2008

A Asociación Cultural “Fuco Buxán”

Invita a toda a cidadanía

a participar na

MANIFESTACIÓN

Convocada pola

Plataforma de apoio ao Cabo Gago

Domingo, 12 de outubro, ás 12 h.

Saída do Porto de Ferrol

Polo esclarecemento do accidente

na Fragata Extremadura.

Retirada do expediente

ao Cabo Gago Chao

Máis información na web de Plataforma Artabra 21 (premer)

Ultima modificación ( 12.10.2008 )
Venres 3 de outubro: Actuación Coral
Escrito por Fuco Buxán   
30.09.2008

Organizado pola
Asociación Cultural “Fuco Buxán”

Venres, 3 de outubro, ás 20,30 h.
no Centro cultural Carvalho Calero de Ferrol

Actuación Coral

LEMBRANZAS DA TERRA
de Valdoviño

Entrada libre
 
Colaboran: A.VV. Ensanche “A” – Deputación da Coruña -  Concello de Ferrol (Cultura)

"O Recuncho" Programa Radiofónico de Fuco Buxán
Escrito por Fuco Buxán   
28.09.2008

A Asociación Cultural “Fuco Buxán”, coa colaboración de “Rádio FilispiM”, abre un novo lugar de encontro – “O Recuncho”- realizado polos compañeiros Iago Montes e Miguel Castro.

”O Recuncho” será un espazo radiofónico aberto, de información, opinión, debate, reivindicación, etc. de cantos temas sociais e culturais afecten ás mulleres e homes de ferrolterra.
Desde aquí invitamos a participar, coas súas achegas, a todos os Colectivos e Asociacións da Comarca de Trasancos, que o desexen, a través do correo:

Rádio FilispiM,  93.9 FM

Primeira emisión en directo:
Sábado, 4 de outubro, de 11 a 13 h.

Repetición en diferido:
Mércores, de 15 a 17 h.  e  Domingos, de 20 a 22 h.

Ultima modificación ( 28.09.2008 )
Reunión en apoio do Cabo Gago
Escrito por Fuco Buxán   
27.09.2008
A Plataforma Cidadá en Apoio ó Cabo Gago, composta por máis de 24 organizacións,
Convoca unha Reunión, no local do Ateneo Ferrolán, Rúa Magdalena 202-204, 1º,
o mércores, día 1 de outubro, as 20 horas,
para informar e debater os seguintes puntos:
· Explicala situación na que se atopa o expedinte do Cabo Gago.
· Informar de temas legais con respecto o seu caso, e apoiar a
 manifestación que a Plataforma ten convocada para o 12 outubro ás 12 do mediodía.
Concentración do pasado venres 26
Escrito por Fuco Buxán   
26.09.2008
Concentración convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, pola entrada ilegal do 31 Gaseiro, cargado de GNL, para a Planta de Gas de Mugardos.
Enlace a fotografías e vídeo
Ultima modificación ( 28.09.2008 )
26 Setembro: Alerta Máxima na ría de Ferrol
Escrito por Administrator   
24.09.2008
Está prevista a entrada dun novo gaseiro na ría de Ferrol o "LNG Sokoto" que fai o nº 31, coas seguintes características: Ano Construción.(03/10/2002); Eslora ( 288.75 m); Manga (48 m); Calado (12,30 m): Bandeira( Bermudas). Por iso o Comité Cidadán de Emerxencia convoca:
CONCENTRACION – MANIFESTACIÓN

Venres, 26 de Setembro, ás 20 horas.

Ante o Edificio da Xunta de Galicia, na Praza Amada García – Praza de España, en Ferrol.

Enlace á páxina do Comité Cidadán de Emerxencia.

Aquí podedes escoitar a canción de Balakandra, titulada “Ou iso parecía”:

Ultima modificación ( 24.09.2008 )
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 Seguinte > Fin >>

Resultados 451 - 465 de 571

 

spacer
Quen nos visita
Temos 22 visitantes en líña
O Recuncho de Fuco
Radio Filispin
Planta de Gas fora da ría

¡ Galiza non se vende !
Ferrol, polo mar e a vida
Pulsa para ver...

Video realizado polos alumnos asistentes ao curso de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción.

Foro Social Galego
Enquisas
Cree vostede necesaria a presenza de Reganosa en Caneliñas
  

2007 Asociación Cultural Fuco Buxán

Copyright 2000 - 2005 Miro International Pty Ltd. All rights reserved.
Mambo is Free Software released under the GNU/GPL License.
spacer