spacer
spacer search

A web da Asociación Cultural Fuco Buxán
Pola rexeneración da Esquerda

Search
spacer
A nosa revista

header
Inicio
Organización
Actividades
Comunicación
Enlaces
Contacta con nos
Tradutor
Aviso Legal
Galeria de Fotos
Lectura Recomendada
Muros de Silencio. Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol. El Caso Reganosa
Acceso usuarios
Nome de usuario

Contrasinal

Lembrarme
Esquenceu seu contrasinal?
Novo usuario? Rexístrese aquí
Subscricións
 

Inicio

CONFERENCIA FEDERICO MAYOR ZARAGOZA
Escrito por Fuco Buxán   
27.08.2008

Organizada pola Asoc. Cultural  FUCO BUXÁN
coa colaboración da Universidade de A Coruña

Xoves , 4 de setembro,  ás 20 horas.
no Salón de Actos do Vicerreitorado - Campus de Esteiro, en  Ferrol,  
terá lugar unha CONFERENCIA na que intervirá 

D. Federico Mayor-Zaragoza 

(Ex Director Xeral da UNESCO e
Copresidente do Grupo de Alto Nivel
para á Alianza de Civilizacións)

e que leva por título :

Democracia Local y Global: de Súbditos a Ciudadanos, la gran transición”

O acto será presentado por Manuel A. Rodríguez Carballeira,
Presidente da A.C. Fuco Buxán.
Dita conferencia forma parte do Ciclo DEMOCRACIA E COMPROMISO,
no que prestixiosos analistas indagan nas claves político-sociais

do noso tempo desde perspectivas diversas.

Enlace a web “CULTURA DE PAZ”
E semblanza do conferenciante (PREMER)               Entrada libre.

Ultima modificación ( 06.09.2008 )
Entrevista a Santiago Carrillo
Escrito por Fuco Buxán   
24.08.2008

O Diario “EL PAIS” publica hoxe unha interesante entrevista  ao noso Socio de Honra Santiago Carrillo.

Ler a entrevista

Homenaxe a Camilo Díaz e Sixto Aguirre en Palas de Rei
Escrito por Fuco Buxán   
22.08.2008
A nosa Asociación honrase en difundir esta ben merecida Homenaxe

Em Homenagem a Camilo Diaz Valinho e Sixto Aguirre Guerin, pessoas honestas e comprometidas

O castinheiro amoroso Artigo de Adela Figueroa Panisse

Portal Galego da Língua

Ultima modificación ( 22.08.2008 )
Hai allternativas a Reganosa
Escrito por Administrator   
16.08.2008
 Artigo de Manuel Cendán, directivo de Fuco Buxán

Manuel Fraga e o PPdeG crearon o problema ubicando a planta de gas en Mugardos. Determinados grupos de presión internos do PSdeG e do BNG pretenderon consolidar unha situación ilegal e non legalizable. Así, polo tanto os tres partidos galegos teñen que dar unha solución política á veciñanza de Ferrolterra. Isto só pasa pola saída de Reganosa fóra da nosa ría.

Continúa a ler artigo completo en Vieiros

Publicado no Diario de Ferrol (13 de agosto) e no dixital Vieiros (23 de xullo).

CONVOCATORIA DO CCE PARA O 30 DE XULLO
Escrito por Fuco Buxán   
29.07.2008

...preme para ver mellor

...preme para ver mellor

 

Comunicación recibida do Comité Cidadán de Emerxencia

Anunciada a entrada do 26º Gaseiro rumbo a REGANOSA
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol,
Convoca
CONCENTRACIÓN
Ante o Edificio da Xunta de Galicia
na Praza de Amada García
(xunto a Praza de España de Ferrol)

Mércores, 30 de xullo, ás 8 da tarde

O buque que agardamos é o “LGN Rivers” o que na sua anterior entrada estivo a punto de protagonizar un serio incidente, ao errar o rumbo na bocana da Ría, e ter que repetir a manobra de aproximación, pasando moi perto do baixo das Merloeiras.

Á vez que esperamos  resposta ás nosas demandas de explicación deste incidente, este Comité pregúntase:
¿Para cando as nosas Autoridades van ter a valentía de afrontar o gravísimo problema que supón a ubicación da Planta de Gas no interior de Ría, e o risco do contínuo tránsito de gaseiros incumplindo toda a normativa de seguridade establecida?
¿Cando van a acatar as Sentenzas en contra do establecemento e autorización de funcionamento de Reganosa, que de continuo emite o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia?.


¿Que tremenda desgraza ou cantos centos de vítimas terá que haber para que esta demanda sexa escoitada e atendida?


Mentres tanto, este Comité, agora e sempre, como fai 8 anos, seguirá esixindo:

¡¡PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!

Acude a Concentración e difunde este comunicado.

Descripción do incidente

http://cociudem.wordpress.com/2008/07/04/gaseiro-en-perigo/

Escritos dirixidos  a Ministra de Fomento, director Xeral da Mariña Mercante e Capitán Marítimo de Ferrol

http://cociudem.wordpress.com/2008/07/12/demanda-de-explicacions-polo-incidente-do-lgn-rivers/

Ultima modificación ( 30.07.2008 )
Víctor Gª Novás expón en Valdoviño
Escrito por Fuco Buxán   
10.07.2008
...Preme para ampliar....
Ultima modificación ( 13.07.2008 )
Memoria Histórica Democrática: A Armada Republicana
Escrito por Fuco Buxán   
13.06.2008

Organizado pola Asociación
Memoria Histórica Democrática

na Galería Sargadelos de Ferrol
Luns, 16 de xuño, ás 20 horas.

Conferencia e Inauguración
da Exposición Fotográfica
“Homenaxe á Armada Republicana”

Intervirán:
David Fernández
Propietario da Exposición.
Enrique Barrera
Historiador.

Datas da Exposición : 16 ao 30 de xuño.

 

Ultima modificación ( 14.06.2008 )
a manifestacion de hoxe
Escrito por Fuco Buxán   
08.06.2008

Ver album completo

Coa lectura do manifesto emitido polo Comité Cidadán de Emerxencia remataba hoxe ante o Concello una gran manifestación, convocada contra as novas ameazas de Reganosa, en defensa da Ría e da vida dos seus habitantes, cando estamos a celebrar o Día Mundial do Medio ambiente, e cando o máximo organo xudicial de Galicia, o TSXG, acaba de formular unha sentenza que declara ilegal a ubicación da Planta de Gas, confirmando o que hai tantos anos ven manifestando o CCE.

Aos compañeiros e compañeiras que desde o martes pasado ata hoxe permaneceron pechados no Concello, o noso recoñecemento pola sua entrega en favor de toda a poboación e pola súa defensa da legalidade.

¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

Ultima modificación ( 20.07.2008 )
Xuño 6 : Roda de Prensa do CCE pechado no Concello de Ferrol
Escrito por Fuco Buxán   
07.06.2008

VIDEO DA RODA DE PRENSA

RESUMO DA RODA DE PRENSA CONVIOCADA POLO CCE O 6.06.2008
Hoxe venres 6 de xuño, ás 12 horas, no Salón de Recepcións do Pazo Municipal de Ferrol, onde están pechados desde o pasado martes varios membros do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, en demanda de que o Goberno Municipal asuma unha postura clara de rexeitamento a ubicación da Planta de Gas de Reganosa no interior da Ría, tivo lugar unha comparecencia do CCE ante os medios de comunicación, na que abordaron tres cuestións fundamentais:

1.- Denuncia ante a Fiscalía Anticorrupción de Madrid.
Este CCE presenta ante a Fiscalía Anticorrupción unha denuncia do que considera unha operación fraudulenta, protagonizada polo Ex -Presidente da Xunta de Galicia, Sr. Fraga, o Ex –Conselleiro de Economía, Sr. Orza e o Presidente de Reganosa, Sr. Tojeiro.
Trátase dunha estafa a todos os consumidores e á normativa de retribucións do sistema Gasístico Nacional, consistente en pagar, con fondos públicos, uns prezos exaxeradamente altos, para instalar unha Planta de Gas en terreos dun socio de Reganosa - o Sr. Tojeiro -quen se embolsa nesta operación 30 millóns de euros (case 5.000 millóns de Ptas.), que van constar como activos (inflados artificialmente) de Reganosa, a quen, con diñeiro público, o Sistema Gasístico reintegrará con altos intereses.
Esta operación fraudulenta é a que motiva a instalación da Planta nun lugar inadecuado, poñendo en perigo a toda a poboación circundante. Fronte a isto, hai que ter en conta que o Estado ofertaba, case gratuitamente, a ubicación no Porto Exterior.
A discusión non é se Galicia precisa ou non do Gas Natural, a discusión é se Galicia para ter gas debe someterse a estas graves irregularidades económicas e poñer en perigo a vida de milleiros de persoas e ao ecosistema dunha das súas mellores rías e os seus postos de traballo.


2.- Nova Sentenza do TSXG contra Reganosa.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o máis importante órgano xudicial de Galicia, acaba de dictar unha sentenza ( a terceira no mesmo senso) estimando a denuncia efectuada por varias Entidades Veciñais de Ferrol e Mugardos, na que sostén que a reforma do Plan Xeral de Ordenación Urbana realizada no Concello de Mugardos para modificar a cualificación do chan e dar cabida na súa actual ubicación á Planta de Reganosa, carece do obligatorio Estudo de Impacto Ambiental, que permitiría aos cidadáns coñecer a incidencia da modificación do planeamiento no medio ambiente e considerándose que a súa instalación nese lugar é ilegal e xa que logo, ilegal tamén a súa autorización de funcionamento.
Esta resolución do TSXG vén confirmar e avalar a posición mantida desde fai oito anos por este Comité Cidadán de Emerxencia en canto á ilegalidad da instalación de Reganosa no interior de nosa Ría.
Pon de manifesto así mesmo, as graves irregularidades en que incurrieron aqueles cargos públicos que desoyendo as advertencias e soslayando a normativa deron apoio coa súa firma a este cambio de usos.

3.- O CCE fai unha chamada á participación na Manifestación do próximo domingo 8 de Xuño, para que deste xeito a cidadanía exprese o seu rexeitamento á ubicación desta Planta de Gas no interior da Ría, e ás novas ameazas que agravan o perigo sobre o noso ecosistema, os nosos postos de traballo, os nosos fogares e as nosas vidas:
- Voadura dá canle de entrada a Ría.
- Incremento dá capacidade de regasificación e de tráfico de buques perigosos no interior de Ría.
- Transporte de gas en camións cisterna.
Para os que din que a Planta xa está construída, aseguramos que hai numerosos precedentes de casos similares nos que as Autoridades competentes tomaron as medidas oportunas para revocar a súa autorización ou trasladar a súa actividade.



Estamos a tempo de evitar unha traxedia,
EN DEFENSA DA VIDA, DA RÍA E DA LEGALIDADE DEMOCRÁTICA
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!

Comité Cidadán de Emerxencia
Para a Ría de Ferrol

Ultima modificación ( 07.06.2008 )
Conferencias Acsur Galiza
Escrito por Administrator   
26.05.2008
Sen Mulleres non é democracia
Ultima modificación ( 27.05.2008 )
Ler máis...
<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 38 39 Seguinte > Fin >>

Resultados 466 - 480 de 571

 

spacer
Quen nos visita
Temos 19 visitantes en líña
O Recuncho de Fuco
Radio Filispin
Planta de Gas fora da ría

¡ Galiza non se vende !
Ferrol, polo mar e a vida
Pulsa para ver...

Video realizado polos alumnos asistentes ao curso de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción.

Foro Social Galego
Enquisas
Cree vostede necesaria a presenza de Reganosa en Caneliñas
  

2007 Asociación Cultural Fuco Buxán

Copyright 2000 - 2005 Miro International Pty Ltd. All rights reserved.
Mambo is Free Software released under the GNU/GPL License.
spacer