spacer
spacer search

A web da Asociación Cultural Fuco Buxán
Pola rexeneración da Esquerda

Search
spacer
A nosa revista

header
Inicio
Organización
Actividades
Comunicación
Enlaces
Contacta con nos
Tradutor
Aviso Legal
Galeria de Fotos
Lectura Recomendada
Muros de Silencio. Corrupción y amenaza en la Ría de Ferrol. El Caso Reganosa
Acceso usuarios
Nome de usuario

Contrasinal

Lembrarme
Esquenceu seu contrasinal?
Novo usuario? Rexístrese aquí
Subscricións
 

Inicio

Ciclo de cine "Guerra contra a guerra"
Escrito por Fuco Buxán   
06.05.2010
Novo Ciclo de Cine en Esteiro que comezá este xoves 6 de maio e se celebrará cada xoves deste mes nos Cines Duplex de Esteiro ás 20:30 horas con entrada de balde.
Este ciclo se enmarca nas actividades culturais que a Asociacíón Veciñal de Esteiro ven celebrando ó longo do ano.
Neste caso tratase dun ciclo antibelicista denominado
"Guerra contra a guerra"
Ultima modificación ( 06.05.2010 )
1º de Maio: "O futuro facémolo nos"
Escrito por Fuco Buxán   
02.05.2010

Onte 1º de Maio, as demandas da clase traballadora galega centráronse na loita contra o desemprego e en reclamar, á Xunta e ao Goberno central, medidas contundentes para saír da crise e tamén na defensa do idioma galego fronte ao novo decreto da Xunta.
En Ferrol, os actos de celebración e reivindicación da clase traballadora, comezaron como é habitual desde fai bastantes anos, coa ofrenda florar ante o monolito de Pablo Iglesias, por parte de PS de G-PSOE e da UXT.

Neste acto, César Fraga, Secretario Comarcal da UXT recordou a Pablo Iglesias dicindo que: «A súa vida ten que iluminarnos a todos, nesta comarca, arrasada polo paro, na que a Xunta, lonxe de axudar, o único que está facendo son recortes en sanidade, educación e emprego». No entanto, lanzou aos asistentes unha mensaxe de «esperanza, porque ou futuro facémolo nós».

Vicente Irisarri, Alcalde e Secretario Xeral fixo duras críticas á Xunta, a algúns medios de comunicación e do estamento xudicial, e «a todos aqueles que queren recortar os dereitos dos traballadores». Demandou compromiso e apoio das organizacións socialistas: "UXT e o PSOE teñen que facerse unha roca inquebrantable" e engadiu que fronte ás políticas de recortes sociais en materia de sanidade e educación, entre outros, «é necesario manter os gobernos en todas as vilas de Galicia».

Acusou ao actual goberno de Núñez Feijoo, de incapaz e de non facer por Galicia «máis que crear problemas». As Manifestacións

A manifestación convocada por UXT e CCOO, baixo o lema "Polo emprego con dereitos e a garantía dás nosas pensións", contou coa participación dos alcaldes de Ferrol, Fene e Ares, e doutros representantes de PS de G - PSOE e de Esquerda Unida.
O secretario comarcal da UXT, César Fraga, criticou á Xunta a súa postura ante o "Pacto Territorial polo Emprego" e o "Plan Ferrol",  reclamándolle "máis implicación contra a crise" e "un maior compromiso cos axentes económicos e sociais".  Acusou a algúns empresarios "de querer aproveitarse cortando dereitos laborais xa consolidados", demandando do Goberno "medidas valentes de loita copntra o fraude fiscal para reducir ou déficit , e subir os impostos ós que máis teñen", porque «os traballadores somos as vítimas dá crises, non os culpables».
Auri Vázquez, a reponsable comarcal de Muller e Políticas Sociais de CCOO, reprochou ao Goberno central que desperdicie a Presidencia española da Unión Europea para fomentar o emprego e a protección social. E pediu da Xunta de Galicia "unha aposta firme polo diálogo social", recordando que, a pesar de que os gobernos gastaron millóns no rescate do sector financeiro, este «négalle a financiamento ás familias e ás empresas». Esixiu tamén un maior compromiso das administracións públicas coa comarca.

A manifestación da CIG celebrouse baixo o lema "Non á política de pacto social. Ou déficit público que ou pague ou capital", encabezada por Xesús Anxo López Pintos e Manuel Grandal, dirección compartida do sindicato en Ferrolterra, á que asistiron cargos locais e comarcais do BNG. A defensa do sector naval na ría e o levantamento do veto a Astano tamén foron reivindicados nesta marcha.

Grandal, asegurou que "a clase traballadora nunca sufriu con tanta virulencia a agresión non recorte dous seus dereitos - no último trimestre 80.000 persoas quedaron sen prestación por desemprego". Criticou á Xunta de Núñez Feijóo, "a quen non lle tembla ou pulso para asinar expedentes de regulación de emprego" e pediu aos sindicatos estatais que se somen «á loita de clases» chamando á mobilización: "Contra ou paro, loita obreira".

López Pitos responsabilizou da crise "aos neoliberais e ó capital" e reclamou un marco galego de relacións laborais, unha reforma fiscal na que paguen máis as grandes fortunas e a nacionalización da banca e dos sectores estratéxicos. Mostrou a súa solidariedade cos traballadores gregos, cos seus empregos en perigo pola crise.

Para ver as fotos do acto premer aquí
Ultima modificación ( 02.05.2010 )
"Roteiro ao Pico Vello"
Escrito por Fuco Buxán   
02.05.2010

 

http://picovello.blogspot.com/

Manifestación do día internacional do traballo
Escrito por Fuco Buxán   
30.04.2010

"Polo emprego con dereitos e a garantía das nosas pensións"

Baixo este lema, os sindicatos CC.OO. e UGT celebrarán de modo conxunto en Ferrol o 1 de Mayo, Día Internacional doTraballo.

Marcha reivindicativa que dará comenzo ás doce do mediodía na Praza de O Inferniño, e que concluirá na Praza de Armas
.

Fuco Buxán sumarase á mesma e fai un chamamento á cidadanía para manifestarse polos nosos dereitos




Ultima modificación ( 30.04.2010 )
Exposición de Suso Basterrechea no Torrente.
Escrito por Fuco Buxán   
30.04.2010
As nosas felicitacións a Suso Basterrechea pola súa importante mostra de arte e compromiso.
SUSO BASTERRECHEA :   …. SEGURO?
Centro Cultural “Torrente Ballester”
do 24 de abril ao 4 de xullo


Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Sevilla, Suso Basterrechea (Ferrol, 1968) suxeriu o título para a presente exposición alegando que “nunca podería contestar a semellante consulta cun claro seguro. Se acaso, e pola miña particular dicción, quedaría nun “segudo”, cousa tamén improbable debido á miña natureza dubitativa e vacilante”. Asociado con linguaxes próximas á escultura e a instalación minimalista, en ….SEGURO? Suso Basterrechea intérnase no mundo do debuxo para afondar naqueles temas sobre os que se asinta o seu particular universo creativo: a violencia, as contradicións políticas, o absurdo, o contexto no que se move ou aqueles artistas que, como Franz West ou Joseph Beuys, admira e aos que en certo xeito homenaxea cun amplo sorriso. Unha exposición que nos descobre a un artista poliédrico e contundente, e unha montaxe con intervencións in situ que se complementa con textos que encobren, na súa ironía, unha lectura tan amarga como melancólica.
….SEGURO? comeza cunha determinada fisionomía, pero o artista resérvase o dereito de modificala durante o tempo que permaneza exposta.
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/04/27/0003_8444797.htm
www.centrotorrenteballester.es

Ultima modificación ( 10.05.2010 )
EXPULSADO DE ISRAEL IVÁN PRADO, DIRECTOR DE FESTICLOWN, UN DOS FESTIVAIS DE CLOWN MÁIS IMPORTANTES
Escrito por Fuco Buxán   
29.04.2010

O director do Festiclown (Festival Internacional de Clown de Galicia), con dez edicións ás súas costas, viaxou ao país hebreo para proseguir coas xestións do FestiClown Palestina 2010, O Primeiro Festival de Clown que terá lugar en Palestina en outubro deste ano. Esta expulsión inxustificada mostra a vontade das autoridades israelís por paralizar o proxecto.

O clown Iván Prado, director de Festiclown e do colectivo Pallasos en Rebeldía, foi expulsado de Israel polas autoridades do país, que non proporcionaron ao artista galego ningún tipo de explicación. Prado chegou onte, luns 26 de abril, ao aeroporto de Ben Gurion coa finalidade de desprazarse até os territorios palestinos e proseguir coas tarefas de preparación do FestiClown Palestina 2010, o que será o 1º Festival Internacional de Clown que se celebrará en Cisxordania a finais de outubro e do que é un dos seus principais artífices.

Xunto con Iván Prado viaxaba tamén Laila T, cidadá española que tamén foi encarcerada e expulsada de Israel, sen ningún tipo de xustificación nin explicación. Tras máis de 6 horas de intensos interrogatorios, Iván Prado e Laila T, son expulsados do aeroporto e conducidos a un centro de detención a inmigrantes onde pasaron a noite en celas illados e separados.

Ultima modificación ( 29.04.2010 )
Ler máis...
Ante un Primeiro de Maio diferente
Escrito por Fuco Buxán   
28.04.2010

A pesar de que forma parte da tradición do movemento obreiro e das forzas progresistas, a celebración deste 1 de Maio de 2010 celébrase nun contexto, que cando menos, é diferente aos dos últimos trinta anos. Máis, parece lembrar á importancia histórica de aqueles primeiros que foron unha acumulación de forzas a prol da emancipación da clase obreira, e que en España alumeou á Segunda República.

Indubidablemente, o que fai este Primeiro de Maio diferente, é que vén inmerso dentro dunha grave crise económica similar en moitos aspectos á dos anos trinta do século pasado. Os anos da Gran Depresión, e que ante o avance do movemento obreiro socialista (como así o chamaban Marx e Engels), á dereita apostou polo apoio aos diversos fascismos, negándose ao avance da democracia e dun reparto máis xusto da riqueza (p.e. Churchill era un admirador de Mussolini).

Estamos inmersos nunha crise económica – social por mor das políticas neoliberais. O trasvase de rendas do traballo á rendas do capital provocou por unha banda unha contracción do consumo da maioría da poboación; e pola outra, a dereita económica necesitada de sacar maior beneficio económico da sobreacumulación financeira apostou simplemente pola especulación bursátil

Ultima modificación ( 28.04.2010 )
Ler máis...
O Recuncho nº 29 (resumo)
Escrito por Fuco Buxán   
26.04.2010
Neste programa abordamos os seguintes contidos:

- Contactamos en directo coa manifestación que tivo o sábado 24 en solidariedade co xuiz Garzón . Co lema: “Verdade, xustiza, reparación.”

- En directo, no estudo de radio Filispim Benigno López da ong solidariedade galega co pobo saharaui.
 
- Do 22 ao 27 de marzo deste ano 2010, estiveron en Ferrol dúas antropólogas catalás – Susana Narotzky e Irene Sabaté – facendo un traballo sobre a Megasa Siderúrxica S.L., dentro dun estudo máis amplo da siderurxia en España. O Recuncho falou con elas.

- Na sección poética, levada por Fernando Ocampo, aniversario da morte de Mario Benedetti.
- Especial día do libro.

- Coma de cotiá, José Torregrosa coa sú sección “O espertar da razón”.

Podedes escoltar o programa Nº29 premendo aquí

Sen máis, un saúdo dende O Recuncho.
Tódolos programas en www.recunchofuco.blogspot.com
Ultima modificación ( 26.04.2010 )
Manifesto ,en solidaridade co xuiz Baltasar Garzón
Escrito por Fuco Buxán   
24.04.2010

POLA XUSTIZA UNIVERSAL CONTRA A IMPUNIDADE DO FRANQUISMO

Os que convocamos esta concentración temos todo o dereito a considerar que a ofensiva contra o xuíz Garzón para apartalo da carreira xudicial ten a súa orixe na última actuación deste xuíz: a investigación dos crimes do franquismo cualificados como crimes contra a Humanidade e plan premeditado de xenocidio.

Polo tanto, exercemos o noso dereito democrático a opinar publicamente e a criticar a calquera poder do Estado, incluído o Poder Xudicial, porque nunha Democracia non hai vasalos senón cidadáns libres e non hai poderes nin institucións intocables. Consideramos especialmente grave que o Poder Xudicial – que se controla a se mesmo – pida que non exerzamos o noso dereito a opinar sobre os seus actos.

Consideramos insólito que un xuíz poida ser xulgado por investigar os asasinatos de máis de 200.000 persoas pola ditadura franquista e por investigar as desaparicións de miles de nenos e nenas que foron arrebatadas ás súas familias para entregalos en adopción.

O acoso a Garzón abriuse a instancias de asociacións e partidos herdeiros  do franq

uismo, cun amplo historial delitivo no caso da Falange, que participou activamente na represión durante e despois da Guerra Civil, sendo responsable de miles de asasinatos. A causa contra Garzón ábrese para impedir que se artelle unha resposta penal axeitada ás demandas dos familiares das vítimas do franquismo, demandas esquecidas durante décadas, na procura de restaurar a dignidade das vítimas e facilitar a apertura das fosas diseminadas por todo o país para enterrar dignamente os seus restos.

Invocase a “Lei de Amnistía de 1977 para xustificar a acusación de prevaricación, cando precisamente as normas internacionais de Dereitos Humanos –subscritas tamén polo estado español- din claramente que o crime de desaparición forzada NON prescribe e entorpecer a súa investigación é un delito. Polo tanto ningunha “Lei de Amnistía”ten vixencia xurídica e temos o caso de Arxentina, onde a denominada Lei de Punto Final, foi abolida e os membros da ditadura están a ser procesados.

Se este xuízo se produce, será a primeira vez en todo o mundo que un maxistrado, en democracia, é sentado no banco dos acusados por intentar acadar Verdade, Xustiza e Reparación para as vítimas de crimes contra a Humanidade. Ademais, enviará unha mensaxe tremendamente negativa para outros xuíces que intenten investigar os crimes do franquis

mo. E isto xa está tendo efectos; 28 dos 46 xulgados pecharon as causas, sen sequera investigar nin citar aos familiares das vítimas, sumíndoas nunha situación de indefensión. No que vai de ano, non houbo unha soa providencia. Os xuíces, asustados, fan deixación das súas funcións.

A importancia deste caso non reside –polo tanto- na actuación dun xuíz determinado, senón en que revela unha cuestión do máis inquietante e de mais fondo calado: na España do século XXI, aínda hai liñas vermellas  que non se poden cruzar. Lembremos que en Europa xamais foi perseguido e xulgado ningún xuíz por investigar os crimes da Alemaña nazi ou da Italia fascista.

E isto acontece mentres a Falanxe continua montando con total impunidade actos de enaltecemiento da ditadura. A nosa democracia coxea pola persistencia de moi poderosos intereses que queren oficializar unha visión amable e de gran placidez da ditadura franquista, o que non se corresponde coa súa violentísima represión. A no

sa sociedade necesita, investigar, profundar, coñecer, divulgar e xulgar o seu pasado franquista, de maneira serena e honesta e -por suposto-, reparar as súas consecuencias e non permitir que funcionen dentro da legalidade partidos políticos que fan apoloxía do xenocidio e insultan a memoria das vítimas.

Queremos unha Xustiza que persiga aos delincuentes e non persiga a quen investiga os delitos, queremos unha Xustiza da que podamos estar orgullosos. Non estamos sós. Son moitas as prazas e rúas que están vivindo concentracións semellantes á nosa, para lembrarlle aos servidores públicos, que nunha sociedade democrática, eles serven a cidadanía e non ao revés

Ver a galería de imaxes,premendo aquí

CON GARZÓN,CONTRA O FASCISMO
Escrito por Fuco Buxán   
21.04.2010

Fuco Buxán,Memoria Histórica Democrática,AVV de Esteiro, Ateneo Ferrolán, Esquerda Unida, USTG,Asociación Veciñal O Prioriño, Ospaal,BNG ,Terra Galega,CC.OO e UXT

FAN UN CHAMAMENTO A POBOACIÓN PARA UNHA CONCENTRACIÓN DE SOLIDARIDADE CO XUIZ GARZÓN

O DÍA 24 ÁS 12:00H,NA PLAZA DE ARMAS-FERROL

“Verdade, xustiza, reparación”

A CONCENTRACIÓN TERÁ UN SEGUIMENTO EN DIRECTO DENDE O NOSO PROGRAMA RADIOFÓNICO "O RECUNCHO" DENDE O 93.9 FM

Ultima modificación ( 21.04.2010 )
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Fin >>

Resultados 61 - 75 de 571

 

spacer
Quen nos visita
Temos 28 visitantes en líña
O Recuncho de Fuco
Radio Filispin
Planta de Gas fora da ría

¡ Galiza non se vende !
Ferrol, polo mar e a vida
Pulsa para ver...

Video realizado polos alumnos asistentes ao curso de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción.

Foro Social Galego
Enquisas
Cree vostede necesaria a presenza de Reganosa en Caneliñas
  

2007 Asociación Cultural Fuco Buxán

Copyright 2000 - 2005 Miro International Pty Ltd. All rights reserved.
Mambo is Free Software released under the GNU/GPL License.
spacer